top of page
G3071228
Fiscalidade Empresarial I
Descripción
Esta materia ten carácter obrigatorio e impártese no segundo cuadrimestre do 2º curso do Grao en ADE no Campus de Santiago de Compostela. O seu obxectivo principal é que o alumnado adquira un coñecemento sólido e práctico sobre o ordenamento tributario e a estrutura dos ingresos públicos en España. Unha vez repasados os antecedentes históricos e os principios xerais dos ingresos públicos, analízanse os principais preceptos da Lei Xeral Tributaria (LXT), base fundamental para comprender a normativa e a aplicación práctica dos dous impostos directos que afectan á actividade empresarial sen personalidade xurídica propia (o IRPF) e á que se desenvolve a través de sociedades (o IS).
Profesorado
bottom of page