top of page
Facultad CCEE.jpg
usc.png

PÚBLIKA

Programa de Formación e Especialización en Facenda Pública e Política Económica da Universidade de Santiago de Compostela

Formación de excelencia en Facenda Pública e Política Económica

Públika é un Programa de Formación e Especialización en Facenda Pública e Política Económica do Grupo de Innovación Docente (GID) homónimo da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de formar os futuros profesionais do sector público e da xestión tributaria nas empresas. Este programa ofrece unha visión ampla da facenda pública e das ferramentas e obxectivos da política económica, integrando tanto a análise teórica como a aplicación práctica na xestión económica e fiscal, o que inclúe a avaliación de políticas públicas. Impartimos docencia nas Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Relacións Laborais.

Nesta páxina recompilamos os descritores das materias, as referencias ás actividades organizadas e o acceso a publicacións de interese docente elaboradas polos integrantes do grupo.

Dirección

Santiago Lago Peñas é o coordinador xeral. María Cadaval Sampedro está á fronte da Área de Facenda Pública e Rosario Díaz Vázquez dirixe a Área de Política Económica. Os directores son tamén responsables de EconLabGalicia, un laboratorio de análise e avaliación de políticas públicas co que Públika creará sinerxías no futuro.

Equipo Docente

O programa conta cun equipo docente altamente cualificado e especializado en facenda pública e política económica, que combina académicos de prestixio recoñecido con profesionais en activo na Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e no ámbito empresarial. Isto permite ofrecer unha formación rigorosa e aplicada, adaptada ás necesidades do sector público e das empresas.

Dous pilares fundamentais

Coordinación académica entre as materias propias e aquelas doutras áreas complementarias, co obxectivo de ofrecer unha visión integral da disciplina.
Homoxeneización dos programas e dos materiais docentes, o que garante unha ensinanza coherente e de alta calidade, seguindo un fío condutor que acompaña ao estudantado ao longo de toda a súa formación.

Documentos

La España descentralizada: Una historia de fueros y huevos

Cadaval Sampedro, M., Fernández Leiceaga, X., Delgado Rivero, F. J., Fernández Llera, R., Díaz de Sarralde Míguez, S., & Suárez Pandiello, J. (Coords.). (2024). La España descentralizada: Una historia de fueros y huevos. Instituto de Estudios Fiscales.

La hacienda europea: Una urgencia estratégica

Lago-Peñas, S. (2025). La hacienda europea: Una urgencia estratégica. Artículo en El País. 4 de maio de 2025.

La quita de la deuda autonómica: cuatro apuntes

Lago-Peñas, S. (2025). La quita de la deuda autonómica: cuatro apuntes. Artículo en El País. 8 de marzo de 2025.

Que lo evalúe la AIReF

Lago-Peñas, S. (2025). Que lo evalúe la AIReF. Artículo en El País. 31 de maio de 2025.

Retos pendientes del sector público español

Lago-Peñas. S. (Coordinador). (2024). Retos pendientes del sector público español. FUNCAS - Papeles de Economía Española, (182).

Actividades

Equipo Docente

Bruno Blanco Varela

Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (2022), onde obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento e o Premio Valentín Paz Andrade. Actualmente é profesor axudante doutor en Economía Aplicada na USC. As súas liñas de investigación abranguen a análise das desigualdades socioeconómicas, a vulnerabilidade social e brecha dixital e a economía da educación, ámbitos nos que publicou artigos en revistas especializadas. Participou en proxectos de innovación educativa, como os de Aprendizaxe-Servizo (ApS) vinculados ao desenvolvemento local e á elaboración de políticas en colaboración co Concello de Santiago. Así mesmo, presentou comunicacións en congresos de innovación docente e desenvolve de forma activa metodoloxías innovadoras no ámbito universitario.

É Licenciada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e conta con máis de 20 anos de experiencia nos ámbitos financeiro, fiscal e de xestión empresarial. Actualmente, desempeña o cargo de CFO nunha empresa multinacional do Grupo Optimar, na que tamén exerceu como CEO. Iniciou a súa carreira como asesora fiscal nunha xestoría, prestando servizos a pemes e grandes empresas, e posúe o título oficial de Xestor Administrativo. 

Durante máis de 10 anos impartiu formación en cursos de especialización e en materias de máster oficial da Universidade de Vigo, con especial foco no IRPF, o Imposto sobre Sucesións, a planificación fiscal e a tributación empresarial. Desde o ano 2025, é profesora asociada de fiscalidade na USC.

Profesora de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Directora da Cátedra Iberoamericana . Coordinadora de ERASMUS e do Programa de Intercambio Bilateral entre a USC e América Latina. Foi asxunta a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Corporativa. Dirixe o Curso de Formación Continua para Expertos en Intelixencia Emocional e Benestar Organizacional. Autora de numerosos artigos en revistas especializadas sobre federalismo fiscal, descentralización e facenda rexional e local. Directora adxunta de EconLabGalicia. Subdirectora da Rede de Investigadores sobre Financiamento Rexional e Descentralización Financeira en España, RIFDE . Membro do Foro Económico de Galicia . Membro do Padroado de Afundación . Foi codirectora executiva da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela.

Inspectora de Facenda do Estado e profesora asociada na Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu a súa carreira fundamentalmente na Axencia Estatal de Administración Tributaria, na que ao largo dos últimos 21 anos ocupou diversos cargos,  incluíndo o de Delegada Especial (2013-2024) e o de Xefa Rexional de Xestión Tributaria (2008-2013) da Delegación Especial de Galicia. Actualmente, é Xefa de Equipo de Inspección na AEAT. Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais por CUNEF e Mestrado en Dirección Pública. Tamén conta con experiencia no sector privado, habendo traballado en Ernst & Young.

Doutora en Economía e profesora de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, onde imparte docencia en materias de Política Económica tanto en graos como en máster. Coordinadora do Grao de Economía. É membro do Grupo de Innovación Docente para a planificación e xestión dos Traballos de Fin de Grao da USC. Investigadora do Centro de Estudos Cooperativos da Universidade de Santiago de Compostela (CECOOP) e do Centro Internacional de Investigación e Información sobre a Economía Pública, Social e Cooperativa (CIRIEC). Investigadora do equipo Hispalink-Galicia e membro do Grupo de Investigación da USC de Econometría e Estudos Cuantitativos de Desenvolvemento Económico Europeo e Internacional. É autora de artigos académicos, libros e informes nos que se abordan temas como a relación entre economía e medio ambiente, cuestións de economía rexional e internacional, a xestión e supervisión dos TFG, o sinhogarismo e, máis recentemente, a Economía Social.

Profesor titular de Economía Aplicada da USC. Foi tamén vicerrector de Economía (1990 a 1994) e director do Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (1997-99 e 2014- 2016). Autor de múltiples artigos en revistas especializadas sobre federalismo fiscal, descentralización e facenda autonómica e local, así como de diversas monografías sobre aspectos da economía de Galicia. É subdirector da Red de Investigadores en Financiación Autonómica y Descentralización Financiera en España (RIFDE); investigador principal de EconLabGalicia e membro nato do Foro Económico de Galicia. Foi teniente de alcalde de Economía e Facenda no Concello de Santiago de Compostela (1999 a 2007); diputado do Parlamento de Galicia en tres lexislaturas e portavoz do grupo socialista no Parlamento de Galicia en dúas delas; e senador por designación autonómica (2019-2023).

Inspector de Facenda do Estado e Xefe da Dependencia Rexional de Aduanas e Impostos Especiais de Galicia dende2006, membro do Corpo Superior de Inspectores de Facenda. Con mais de 20 anos de experiencia, ocupou postos chave en Cataluña e Galicia, liderando auditorías e controis fiscais en comercio exterior e impostos especiais. Conta cunha amplia traxectoria docente na Escola de Facenda Pública en mestrados de fiscalidade e comercio exterior. A nivel internacional, colaborou co Banco Interamericano de Desarrollo e a Comisión Europea en materia aduaneira. Licenciado en Dereito, con formación en Ciencias Económicas, é coautor do libro "El IVA a la importación".

É CEO de Galuresa e Profesor Asociado de Economía Aplicada na USC. Doutor en Economía Aplicada e Licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, MBA e Diplomado en Tributación e Sistemas Fiscais pola Escola de Negocios Caixanova. Profesor acreditado por ACSUG como profesor de Universidade Privada. Profesional con máis de 25 anos de experiencia en formación universitaria, investigación académica, consultoría empresarial e dirección de empresas. Autor de numerosos artigos científicos e 3 libros da área de empresa familiar (“Yo no vendí, no lo hagáis vosotros”, “50 preguntas importantes de la empresa familiar” e “El buen gobierno en la Pyme familiar”).

Staff

1707732898076.jpg
Keyla Sofía
Baptista Bastos
bottom of page