top of page

G3061423

Sistema Fiscal Español

Información
Titulación

4º curso do Grao en Economía

Carácter

Obrigatoria

Convocatoria

1º semestre

Créditos

4.5 ECTS

Descripción

Esta materia é obrigatoria e impártese no primeiro cuadrimestre do 4º curso do Grao en Economía. O seu obxectivo principal é que o alumnado adquira un coñecemento sólido e práctico sobre o ordenamento tributario e a estrutura fiscal vixente en España. O punto de partida é a análise dos principais preceptos da Lei Xeral Tributaria (LXT). Sobre esta base e os coñecementos teóricos sobre o sistema fiscal adquiridos na materia xa cursada en terceiro (Facenda Pública: Ingresos e Gastos), profundízase na normativa e aplicación práctica dos tres principais impostos directos que recaen sobre as persoas físicas. Seguindo a orde expositiva: o Imposto sobre o Patrimonio Neto (IPN), o Imposto sobre Sucesións e Doazóns (ISD) e o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). O programa da materia remata cunha referencia ás particularidades tributarias das empresas de carácter familiar.

Profesorado
bottom of page