G3061323
Facenda Pública: Ingresos e Gastos
Descripción
Esta materia ten carácter obrigatorio e impártese no primeiro cuadrimestre do 3º curso do Grao en Economía no Campus de Santiago de Compostela. O seu obxectivo principal é que o alumnado coñeza e comprenda o papel fundamental que desempeña o sector público na economía. O programa comeza coa caracterización dos principais trazos do sector público e a súa organización. A continuación, revísase en profundidade o orzamento como ferramenta central da xestión e analízanse os procesos de toma de decisión pública.
O segundo bloque da materia céntrase no exame do gasto, a súa eficiencia, os seus efectos distributivos e o contido dos principais programas. No terceiro bloque, a atención trasládase ao lado dos ingresos. En particular, examínase o sistema tributario, os seus fundamentos e os seus efectos sobre a economía; e abórdase a incidencia dos impostos e a súa relación coa equidade e a eficiencia. O programa remata coa análise do déficit, da débeda pública e das regras fiscais que regulan a sustentabilidade financeira na Unión Europea.
Profesorado
Xoaquín Fernández Leiceaga (Coordinador)
Jaime Gaya Moreno
Facenda Pública: Ingresos e Gastos
3º curso do Grao en Economía · 1º semestre · Obrigatoria · 6 ECTS · G3061323
Esta materia ten carácter obrigatorio e impártese no primeiro cuadrimestre do 3º curso do Grao en Economía no Campus de Santiago de Compostela. O seu obxectivo principal é que o alumnado coñeza e comprenda o papel fundamental que desempeña o sector público na economía. O programa comeza coa caracterización dos principais trazos do sector público e a súa organización. A continuación, revísase en profundidade o orzamento como ferramenta central da xestión e analízanse os procesos de toma de decisión pública.
O segundo bloque da materia céntrase no exame do gasto, a súa eficiencia, os seus efectos distributivos e o contido dos principais programas. No terceiro bloque, a atención trasládase ao lado dos ingresos. En particular, examínase o sistema tributario, os seus fundamentos e os seus efectos sobre a economía; e abórdase a incidencia dos impostos e a súa relación coa equidade e a eficiencia. O programa remata coa análise do déficit, da débeda pública e das regras fiscais que regulan a sustentabilidade financeira na Unión Europea.
Profesorado
Xoaquín Fernández Leiceaga (Coordinador)
María Cadaval Sampedro
Xurxo Doval Blanco
Jaime Gaya Moreno
María Imelda Capote Martín