G3061422
Política Económica II
Descripción
É unha asignatura obrigatoria de 4,5 créditos que se imparte no cuarto curso. Pertence ao módulo de materias de Política Económica do grao, que teñen como obxectivo o estudo das actuacións no eido económico dos gobernos e outras autoridades. Neste marco, adquire relevancia non só a dimensión económica, senón tamén a dimensión política dos procesos de toma de decisións considerados.
A materia Política Económica II estrutúrase en dúas partes. Na primeira parte, estúdanse os obxectivos básicos da política económica: o emprego, a estabilidade de prezos, o crecemento económico, a redistribución da renda e a calidade de vida e conservación do medio ambiente. Na segunda parte, afóndase nos principais instrumentos da política macroeconómica: política monetaria, política financeira macroprudencial, política fiscal e mixta, política de estabilización exterior e política de rendas.
As clases interactivas organízanse como seminarios nos que se analizan textos académicos e informes que abordan cuestións relacionadas coa aplicación real das políticas, especialmente en contextos de crise e no ámbito europeo.
Profesorado
Maria Del Rosario Diaz Vazquez (Coordinadora)