G3021346
Facenda Autonómica e Local
Descripción
Esta materia optativa, integrada no terceiro curso do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, ten como obxectivo principal proporcionar ao alumnado un coñecemento sólido sobre o sistema de financiamento autonómico e os ingresos das entidades locais, así como sobre a dinámica do gasto público nas facendas subcentrais.
O programa estrutúrase en tres bloques temáticos: o primeiro aborda os fundamentos teóricos do federalismo fiscal e a evolución do Estado autonómico en España; os dous seguintes adoptan un enfoque eminentemente práctico, centrado na comprensión da liquidación dos principais tributos autonómicos e locais. Esta materia mantén unha relación directa con outras do plan de estudos, especialmente con Facenda Pública: Réxime Fiscal da Empresa e Dereito Tributario, afondando en aspectos específicos da estrutura fiscal territorial.
Profesorado
Hugo Campos Romero (Coordinador)