top of page

O alumnado de Economía da USC visita a Axencia Tributaria na Coruña

  • Writer: Keyla Sofía Baptista Bastos
    Keyla Sofía Baptista Bastos
  • Sep 25
  • 1 min read

O alumnado do Grao en Economía da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela tivo a oportunidade de coñecer de preto o traballo da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), dependente do Ministerio de Facenda, na súa sede da Coruña.


A xornada estivo guiada polo Delegado Especial da Axencia Tributaria en Galicia, Miguel Cárcaba, e pola inspectora xefa, Irene Lage, quen presentaron de primeira man o funcionamento da institución, os principais retos aos que se enfronta e o papel fundamental que desempeña na xestión pública.


Esta experiencia, enmarcada no programa Públika, reforza o compromiso coa empregabilidade do seu alumnado, ao abrir novas perspectivas profesionais no eido da Administración Pública e dar a coñecer as oportunidades laborais que ofrece a Axencia Tributaria.


Desde Públika trabállase para impulsar a conexión directa entre o mundo académico e o mercado laboral, fomentando o achegamento do estudantado a institucións de referencia. Neste sentido, a visita á AEAT constitúe un paso máis na misión de atraer talento cara á Administración Pública e amosar saídas profesionais de gran valor para quen se forma en Economía.


O noso alumnado é o activo máis importante, que coidamos e potenciamos.


ree

ree

ree

 
 
 

Comments


Commenting on this post isn't available anymore. Contact the site owner for more info.
bottom of page