Conferencia sobre Economía, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial na USC con Santiago Carbó Valverde
- Keyla Sofía Baptista Bastos

- Jun 25
- 1 min read
O pasado 15 de maio de 2025, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela acolleu a conferencia “Economía, Tecnoloxía e IA”, impartida polo prestixioso economista Santiago Carbó Valverde, catedrático da Universitat de València e director de Estudos Financeiros da Fundación Funcas.
A actividade, organizada pola Cátedra de Empresa Familiar da USC, contou coa colaboración de Públika e da Asociación Galega da Empresa Familiar, e reuniu a estudantes, profesorado e profesionais interesados nos retos que a transformación tecnolóxica e a intelixencia artificial supoñen para a economía actual. Carbó Valverde compartiu a súa análise sobre o impacto destas ferramentas na produtividade, a competitividade empresarial e as políticas públicas, destacando a necesidade dunha gobernanza eficaz que acompañe os procesos de innovación tecnolóxica.




Comments