G3061449
Xestión e Gobernanza Pública
Descripción
Esta disciplina optativa cursase no segundo cuadrimestre do 4º curso. Supón o peche do itinerario formativo en economía pública a nivel de grao e ofrece unha visión integral da organización e xestión do sector público desde unha perspectiva económica. A materia estrutúrase en tres grandes bloques. O primeiro analiza o sector público desde a teoría económica das organizacións. O segundo bloque introduce as novas técnicas de xestión pública, con especial atención aos mecanismos cuasi-competitivos, á privatización e á regulación. En particular, examínanse ferramentas como a contratación externa, as concesións administrativas e o papel da colaboración público-privada. O terceiro bloque céntrase nas ferramentas de avaliación de impacto causal que permiten medir os efectos das políticas públicas nas variables de interese e, a partir de aí, avaliar o grao no que se acadan os seus obxectivos.
Profesorado
Rosa Maria Regueiro Ferreira (Coordinadora)