Sistema Europeo de Contas (SEC), Crecemento, Benestar e Sustentabilidade
- Keyla Sofía Baptista Bastos

- Oct 10
- 2 min read
Updated: 3 days ago
Aula profesional ECOADE – Ciclo de conferencias
O ciclo de conferencias CT2526-6 chega este curso para ofrecer unha visión completa do Sistema Europeo de Contas (SEC). As sesións son impartidas por docentes e profesionais de recoñecido prestixio e teñen como finalidade proporcionar un coñecemento teórico e aplicado sobre:
A estrutura, metodoloxía, análise e interpretación do Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais (SEC 2010)
A análise input-output
As implicacións en fenómenos económicos relevantes, como o crecemento, o benestar e o desenvolvemento sustentable
Cando e onde?
O ciclo consta de seis charlas, catro no primeiro cuadrimestre e dúas no segundo
Día: Mércores
Horario: 12:30 – 14:00
Lugar: Salón de Graos e Aula B (según charla)
ECTS e matrícula
O ciclo está recoñecido con 1 crédito ECTS para estudantes dos Graos de Economía e ADE. Para obter o crédito, deberás:
Preinscribirte na <<Secretaría Virtual>> entre o 13 e o 17 de outubro
Matricularte gratuitamente entre o 21 e o 24 de outubro (as prazas son limitadas; os admitidos recibirán comunicación ao correo @rai.usc.es)
Asistir a un mínimo de 5 charlas durante o curso
Completar un cuestionario sobre os contidos tratados
Calendario de conferencias
Sistema Europeo de Contas e a Contabilidade Nacional de España
Data: 29/10/25 | Lugar: Salón de Graos
Poñente: Xoán Ramón Doldán García (USC)
As Contas Rexionais dende a perspectiva galega
Data: 12/11/25 | Lugar: Aula B
Poñente: Raúl Jácome Rodríguez (IGE)
Introdución básica á análise input-output
Data: 10/12/25 | Lugar: Aula B
Poñente: Melchor Fernández Fernández (USC)
Aplicación da análise input-output a Galicia
Data: 17/12/25 | Lugar: Salón de Graos
Poñente: Xesús Pereira López (USC)
Os límites do crecemento: pegada ecolóxica e sustentabilidade
Data: 04/03/26 | Lugar: Salón de Graos
Poñente: Rosa María Regueiro Ferreira (USC)
PIB e o benestar
Data: 25/03/26 | Lugar: Salón de Graos
Poñente: Patricio Sánchez Fernández (UVigo)
Este ciclo é unha oportunidade única para estudantes e profesionais que queiran afondar na análise económica desde unha perspectiva teórica e práctica, e comprender mellor a relación entre contabilidade, crecemento e sustentabilidade no contexto galego e europeo.




Comments