Aplicación da análise input-output a Galicia - Ciclo de conferencias SEC Públika/Aula ECOADE 25/26
- Keyla Sofía Baptista Bastos

- 7 days ago
- 1 min read
O 17 de decembro de 2025 celebrouse a cuarta sesión do ciclo de conferencias Sistema Europeo de Contas, Crecemento, Benestar e Sustentabilidade – Aula ECOADE 25/26, organizado por Públika.
A conferencia, titulada Aplicación da análise input-output a Galicia, foi impartida por Xesús Pereira López, profesor do Departamento de Economía Cuantitativa, e Uveny Quirama Estrada, doutora en Desenvolvemento Rexional. Durante a súa intervención, as persoas relatoras presentaron unha aproximación aplicada á análise input-output como ferramenta clave para o estudo da estrutura produtiva galega, destacando a súa utilidade para analizar as interrelacións entre os distintos sectores económicos e avaliar os seus efectos. Así mesmo, abordouse a aplicación práctica do modelo para medir impactos económicos no desenvolvemento rexional, poñendo en valor a súa relevancia na toma de decisións de políticas públicas.
As seguintes conferencias, impartidas por persoas expertas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e do Instituto Galego de Estatística (IGE), terán lugar xa en 2026 e abordarán as seguintes temáticas:
Os límites do crecemento: pegada ecolóxica e sustentabilidade (04/03/2026)
O PIB e o benestar (25/03/2026)
As conferencias celébranse os mércores, de 12:30 a 14:00, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Esta actividade está recoñecida con 1 ECTS para o estudantado dos graos en Economía e ADE.





Comments