Ciclo de conferencias SEC Públika/Aula ECOADE 25/26: Introdución á análise input-output.
- Keyla Sofía Baptista Bastos

- Dec 10
- 1 min read
O 10 de decembro de 2025 celebrouse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC a terceira sesión do ciclo de conferencias Sistema Europeo de Contas, Crecemento, Benestar e Sustentabilidade – Aula ECOADE 25/26, organizado por Públika e recoñecido con 1 ECTS para o estudantado dos graos de Economía e ADE.
A xornada correu a cargo de Melchor Fernández Fernández, catedrático do Departamento de Fundamentos de Análise Económico da USC, quen ofreceu unha introdución aplicada á análise input-output, unha ferramenta fundamental para comprender como interactúan os distintos sectores produtivos dentro dunha economía. Durante a súa intervención, explicou como estas táboas permiten avaliar o impacto de cambios na demanda final, analizar cadeas de subministración e medir os efectos directos e indirectos sobre produción, emprego e crecemento.
O ciclo continuará ao longo do curso con novas sesións impartidas por persoas expertas do Sistema Universitario Público de Galicia (SUG). Os próximos encontros serán:
Aplicación da análise input-output a Galicia – 17/12/2025
Os límites do crecemento: pegada ecolóxica e sustentabilidade – 04/03/2026
O PIB e o benestar – 25/03/2026
As conferencias celébranse os mércores, de 12:30 a 14:00, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.




Comments