top of page

O ministro de Economía, Carlos Cuerpo, impartirá unha conferencia sobre a situación e os retos da economía española na USC

  • Writer: Alejandro Domínguez Lamela
    Alejandro Domínguez Lamela
  • 6 days ago
  • 1 min read

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a conferencia “Situación e retos da economía española”, que será impartida por Carlos Cuerpo Caballero, ministro de Economía, Comercio e Empresa de España.


A sesión celebrarase o mércores 4 de febreiro de 2026, ás 11:30 horas, na Aula A, e enmárcase no programa Aula Profesional ECOADE: Aprendendo das empresas e institucións.


Esta actividade conta coa colaboración de Públika, que continúa impulsando espazos de encontro entre o ámbito académico e as institucións, co obxectivo de reforzar a empregabilidade do alumnado e achegalo a referentes da Administración Pública.



 
 
 

Comments


Commenting on this post isn't available anymore. Contact the site owner for more info.
bottom of page