top of page

Os límites do crecemento: pegada ecolóxica e sustentabilidade - Ciclo de conferencias SEC Públika/Aula ECOADE 25/26

  • 9 hours ago
  • 1 min read

O 4 de marzo de 2026 celebrouse a quinta sesión do ciclo de conferencias Sistema Europeo de Contas, Crecemento, Benestar e Sustentabilidade – Aula ECOADE 25/26, organizado por Públika.


A conferencia, titulada Os límites do crecemento: pegada ecolóxica e sustentabilidade, foi impartida por Rosa María Regueiro Ferreira, profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC).


Durante a súa intervención, a relatora abordou o debate arredor dos límites do crecemento económico desde unha perspectiva ambiental, analizando a sustentabilidade dos modelos actuais de desenvolvemento. Afondouse na relación entre crecemento, uso dos recursos naturais, análise económica e deseño de políticas públicas.


Así mesmo, reflexionouse sobre a importancia de avanzar cara a un desenvolvemento compatible cos obxectivos climáticos e de benestar social.


A próxima e última sesión do ciclo será:

O PIB e o benestar (25/03/2026)


As conferencias celébranse os mércores, de 12:30 a 14:00, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Esta actividade está recoñecida con 1 ECTS para o estudantado dos graos en Economía e ADE.




 
 
 

Comments


Commenting on this post isn't available anymore. Contact the site owner for more info.
bottom of page