Santiago Lago-Peñas, profesor de Públika, presenta na OCDE a experiencia de Galicia na xestión de riscos fiscais.
- 6 days ago
- 1 min read
Santiago Lago-Peñas, profesor de Públika, participou na sede central da OCDE en París na presentación de Galicia como único estudo de caso autonómico español na análise da xestión de riscos fiscais subnacionais. O profesor Lago-Peñas expuxo os resultados do estudo elaborado para a Organización xunto con María Cadaval Sampedro, Xoaquín Fernández Leiceaga e Alejandro Domínguez Lamela.
O estudo analiza a capacidade das administracións subcentrais para xestionar riscos con impacto orzamentario. Galicia destaca como o único caso español no recente informe da OCDE, que recoñece a súa xestión orzamentaria, o control da débeda e o seu cumprimento fiscal. A análise valora a resiliencia financeira da comunidade fronte a retos como o envellecemento, a dispersión poboacional e os riscos climáticos, propoñendo como principal mellora a implantación dunha declaración anual de riscos fiscais para optimizar a planificación plurianual e a transparencia.
Esta participación contribúe ao obxectivo de Públika de achegar ao ámbito académico e social a análise dos principais debates en materia de facenda pública e política económica.




Comments