Xoaquín Fernández Leiceaga
Profesor titular de Economía Aplicada da USC. Foi tamén vicerrector de Economía (1990 a 1994) e director do Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (1997-99 e 2014- 2016). Autor de múltiples artigos en revistas especializadas sobre federalismo fiscal, descentralización e facenda autonómica e local, así como de diversas monografías sobre aspectos da economía de Galicia. É subdirector da Red de Investigadores en Financiación Autonómica y Descentralización Financiera en España (RIFDE); investigador principal de EconLabGalicia e membro nato do Foro Económico de Galicia. Foi teniente de alcalde de Economía e Facenda no Concello de Santiago de Compostela (1999 a 2007); diputado do Parlamento de Galicia en tres lexislaturas e portavoz do grupo socialista no Parlamento de Galicia en dúas delas; e senador por designación autonómica (2019-2023).
Materias que imparte
- Facenda Autonómica e Local – 3º curso do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
- Facenda Pública: Ingresos e Gastos – 3º curso do Grao en Economía

