María Cadaval de Públika participa na análise do Estatuto de Autonomía no seu 45 aniversario
- 7 hours ago
- 1 min read
O xoves 23 de abril, o Parlamento de Galicia celebrou o 45 aniversario do Estatuto de Autonomía nun acto conmemorativo destas catro décadas e media que apoiaron o desenvolvemento da comunidade autónoma de Galicia.
A xornada incluíu a mesa redonda “O Estatuto de Autonomía para Galicia 45 anos despois: Historia, Política, Dereito, Economía”, na que se reflexionou sobre as cuestións clave do desenvolvemento autonómico, con especial énfase na dimensión económica e no sistema de financiamento.
Na súa intervención, a profesora María Cadaval, de Públika, analizou o papel do Estatuto como peza clave na configuración do marco institucional e no desenvolvemento económico de Galicia, destacando a evolución do autogoberno como elemento central na articulación de políticas públicas nestas catro décadas. Así mesmo, abordou o sistema de financiamento autonómico, subliñando a súa elevada complexidade e a coexistencia de diferentes dinámicas territoriais dentro do denominado “réxime común”, o que condiciona a adopción de solucións técnicas estables.
Esta participación apoia a Públika no seu obxectivo de trasladar ao ámbito social os debates reais sobre financiamento público, descentralización e avaliación de políticas.




Comments