Públika & Aula Profesional ECOADE 26/27: O impacto da IA no emprego
O vindeiro 21 de outubro terá lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC unha nova sesión da Aula Profesional ECOADE «Aprendendo das empresas e institucións», organizada por Públika, o Programa de Formación e Especialización en Facenda Pública e Política Económica, en colaboración coas Cátedras de Empresa Familiar Galega.
A conferencia correrá a cargo de Francisco Rodríguez Fernández, director da Área Financeira e de Dixitalización de Funcas, quen abordará o impacto da intelixencia artificial no emprego e os cambios que esta tecnoloxía está a introducir no mercado laboral. A sesión permitirá reflexionar sobre os retos e as oportunidades que presenta a incorporación da IA, tanto para as empresas como para as persoas traballadoras.
A conferencia celebrarase o mércores 21 de outubro, ás 12:30 horas, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.




Comments